luns, 29 de febreiro de 2016



Ut sementem feceris, ita metes – Cicerón
Traducción: O que sementes será o que colleites.  
A acción de sementar refírese a unha etapa onde unha certa conducta se desenrola e, tarde ou cedo, traerá un resultado.Cando empregamos boas sementes, nunha terra fértil, da maneira axeitada, no sitio axeitado, regándoa para que non seque, a semente medrará; así que esa pequena semente se convertirá nunha planta forte e sá.
No contexto dos seres humanos creo que cando facemos o correcto vamos  ver os froitos esperados. Cando, polo contario, facemos o indebido ou prexudicamos a alguén, máis tarde esa mala conduta verase reflexada en nós mesmos e traerá malos resultados. 
En conclusión, cada un colleita o que sementa porque é unha das tantas leis que rexen a nosa natureza e a Lei Universal sempre se cumple e, aínda que nos coste entendelo, sempre é xusta.
Sara Castro García.







Ningún comentario:

Publicar un comentario