LATINISTAS
Nam et ipsa scientia potestas est: o coñecemento é poder.
venres, 3 de xuño de 2016
LA LEYENDA DE EDIPO
La leyenda de Edipo se basa en una tradición griega que fue recogida en las tragedias de Sófocles, "Edipo Rey".
El protagonista, hijo de los reyes de Tebas, Layo y Yocasta, al nacer fue abandonado en el bosque a su suerte con los pies atados para evitar que se cumpliera el oráculo: Edipo mataría a su padre y se casaría con su madre.
Recogido en el bosque por un pastor, el pequeño fue entregado a los reyes de Corinto, que lo adoptaron como hijo. Tras una visita al oráculo de Delfos, Edipo descubre el terrible vaticinio y, creyendo que los monarcas de Corinto eran sus padres, decide alejarse para escapar al cumplimiento de la profecía.
La fatalidad hizo que, en un camino, Edipo encontrase a su verdadero padre en un camino, y lo matara en una disputa sobre quién tenía prioridad para pasar por una estrecha calzada.
Ignorandoque se había cumplido parte de la profecía el joven se dirigió hacia Tebas, donde una esfinge devoraba a los habitantes que no contestaban satisfactoriamente a un acertijo que ella les proponía. Edipo se enfrentó a la esfinge y logró contestar con éxito la adivinanza y acabó así con la maldición que pesaba sobre los tebanos.
La segunda parte del destino de Edipo se cumplió en el terrible momento en el que, tras entrar en Tebas, se desposó con su verdadera madre, con la que tuvo una desgraciada descendencia. El propio Edipo, tras conocer la verdad por el adivino Tiresias, se arrancó los ojos y abandonó Tebas, mientras Yocasta se quitaba la vida.
Esta leyenda se continuó en la Edad Media con "El libro de Tebas" del siglo XII, que narra el fatídico final de los hijos de Edipo en la guerra.
En la Edad Moderna tenemos la composición musical de Henry Purcell "Edipo Rey" (1692), mientras que, ya en el siglo XIX, el mito volvió a ponerse de moda gracias a la pintura "Edipo y la esfinge" (1808) de Jean Auguste Dominique Ingres, y a la adaptación que hizo el escritor inglés Percy Bysshe Shelley, en 1820, con su tragedia en dos actos "Edipo el tirano".
Hacia 1897, el austríaco Sigmund Freud, padre del psicoanálisis, utilizó por primera vez la expresión "complejo de Edipo" como parte de su diagnóstico para explicar un aspecto del comportamiento humano en la primera etapa de la vida.
Antía Baamonde Vázquez Nº2 4ºB
venres, 13 de maio de 2016
Amor
1. Etimoloxía
Sabías que nalgunhas culturas non existe este concepto? O estudo etimolóxico confírmao. Nalgunhas linguas, coma no frnacés, non comezaron a falar de amor ata que recibiron a palabra nova a principios do século XI .
En galego é probable que a palabra directamente non proceda do latín AMOR, se non que realmente chegou por medio do provenzal. Nin sequera é unha palabra autóctona do latín, xa que os romanos sacáronllela ós etruscos.
2.Significado
O amor é un sentimento de afecto universal que se ten cara unha persoa, animal ou cosa. Amor también fai referencia a un sentimento de atracción emocional e/ou sexual que se ten cara unha persoa coa que se desexa ter unha convivencia baixo o mesmo teito ou relación. Así mesmo, amor é o esmero e agrado co que se realiza unha cousa.
3.Frases latinas traducidas
- Amicitiae nostrae memoriam spero sempiternam fore – Cicerón. “Espero que a memoria da nosa amizade sexa eterna”.
- Amantes, amentes. [TERENCIO, Andria]. Amantes, dementes.
- Amantium irae amoris integratiost. [TERENCIO, Andria] . Reñas de namorados, renovación do amor.
- Amoris vulnus idem sanat, qui facit. [PUBLIO SIRIO]. A ferida do amor sánaa o mesmo que a fai.
- Fac ut ardeat cor meum. [Frase latina] Fai que arda o meu corazón.
- Hoc si crimen erit, crimen amoris erit. Si esto es un crimen, será un crimen de amor.
Alba Morado Miragaya Latín 4ºESO
- Amicitiae nostrae memoriam spero sempiternam fore – Cicerón. “Espero que a memoria da nosa amizade sexa eterna”.
- Amantes, amentes. [TERENCIO, Andria]. Amantes, dementes.
- Amantium irae amoris integratiost. [TERENCIO, Andria] . Reñas de namorados, renovación do amor.
- Amoris vulnus idem sanat, qui facit. [PUBLIO SIRIO]. A ferida do amor sánaa o mesmo que a fai.
- Fac ut ardeat cor meum. [Frase latina] Fai que arda o meu corazón.
- Hoc si crimen erit, crimen amoris erit. Si esto es un crimen, será un crimen de amor.
Alba Morado Miragaya Latín 4ºESO
xoves, 12 de maio de 2016
Encendido da antorcha Olímpica: Citius, Altius, Fortius! OPINIÓN sobre os XOGOS OLÍMPICOS
Deixámosvos aquí o enlace dunha noticia que será comentada polos alumnos de Latín e Grego de 1º de BAC.
http://deportes.elpais.com/deportes/2016/04/21/actualidad/1461224338_581102.html
Agardamos que vos guste!!!!
Durante os próximos 106 días, a antorcha pasará polas cinco rexións do país a través de 12.000 portadores.
Dende o meu punto de vista, considero que este acto é unha forma de demostrar ou reivindicar a paz no mundo, pasando a antorcha de man en man sen importar as fronteiras, a cor, ou as crenzas. Observámolo claramente no feito de que un refuxiado sirio tamén a portará.
Respecto á Antigüidade, creo que é unha tradición bastante próxima aos nosos días.
En conclusión, creo que é unha práctica que debemos seguir conservando tendo en conta que serve para fortalecer a unión do mundo e entro os pobos.
Rocío García
Celebrar os xogos olímpicos que antigamente se facían en Olimpia (Grecia) paréceme xenial, xa que así recordamos aos nosos antepasados e a súa cultura e podemos seguir coa tradición para que non se perda.
Esther S.
http://deportes.elpais.com/deportes/2016/04/21/actualidad/1461224338_581102.html
Agardamos que vos guste!!!!
Durante os próximos 106 días, a antorcha pasará polas cinco rexións do país a través de 12.000 portadores.
Dende o meu punto de vista, considero que este acto é unha forma de demostrar ou reivindicar a paz no mundo, pasando a antorcha de man en man sen importar as fronteiras, a cor, ou as crenzas. Observámolo claramente no feito de que un refuxiado sirio tamén a portará.
Respecto á Antigüidade, creo que é unha tradición bastante próxima aos nosos días.
En conclusión, creo que é unha práctica que debemos seguir conservando tendo en conta que serve para fortalecer a unión do mundo e entro os pobos.
Rocío García
Celebrar os xogos olímpicos que antigamente se facían en Olimpia (Grecia) paréceme xenial, xa que así recordamos aos nosos antepasados e a súa cultura e podemos seguir coa tradición para que non se perda.
Esther S.
Mar Amil.
O XUIZO DE PARIS
Ola! Eu son
Paris, un príncipe Troiano. E vouvos contar o que me sucedeu hai moito tempo.
Todo comezou uns anos atrás, coas vodas de Tetis (unha das ninfas do mar) e Peleo (o pai
de Aquiles). A esa voda, Eris -a deusa da discordia- non foi convidada, a pesar
de estar invitados todos os demáis deuses.
Eris,
molesta, buscou un modo de vinganza sembrando a discordia entre todos os
convidados.
Cando se
estaba a celebrar o banquete, ela (Eris) presentouse alí e lanzou á mesa unha
mazá dourada que tiña escrito: “Para a máis fermosa.” Tres das deusas
asistentes ao evento, Hera, Atenea e Afrodita, disputáronse a mazá producíndose
así unha gran confusión e disputa, na que interveu Zeus (pai de todos os
deuses) xa que ambas as tres deusas pensaban que a mazá lles correspondía a elas.
A Zeus, dixéronlle que elixise el para quén era a mazá, e el para escaquearse da situación decidiu nomearme a min para que eu xulgase cál das tres deusas era a máis fermosa.
A Zeus, dixéronlle que elixise el para quén era a mazá, e el para escaquearse da situación decidiu nomearme a min para que eu xulgase cál das tres deusas era a máis fermosa.
O deus
mensaxeiro, Hermes, foi enviado para buscarme co encargo do xuízo que se me
pedía; localizoume e ensinoume a mazá da cal eu tería que facer entrega á deusa
que eu considerase. Digamos que… se me encargou unha
tarefa complicada!
O motivo polo cal fun eu o elixido para xulgar isto foi ...que levaba vivindo moito tempo nunha illa- afastado das paixóns humanas -así que pensaron que eu sería un xuiz absolutamente imparcial.
O motivo polo cal fun eu o elixido para xulgar isto foi ...que levaba vivindo moito tempo nunha illa- afastado das paixóns humanas -así que pensaron que eu sería un xuiz absolutamente imparcial.
Cada unha
das tres deusas intentou convencerme, incluso intentaron sobornarme: a deusa
Hera, esposa de Zeus, ofreceume todo o poder que eu poidera desexar, ou, tamén,
o título de Emperador de Asia; Atenea, deusa da intelixencia, ademais de selo
tamén da guerra, ofreceume a sabedoría, ou, a posibilidade de vencer todas as
batallas ás que me presentase; Afrodita, deusa do amor e da beleza, ofreceume o
amor da muller máis bela do mundo.
A miña elección
final foi Afrodita e a miña decisión trouxo graves consecuencias para o meu
pobo, xa que a fermosa muller pola que Afrodita fixo medrar o amor no meu
corazón foi Helena, a esposa do rei de Esparta; pois nunha ocasión que
me cadrou de pasar polas terras deste rei, e despois de ter estado unha noite
no seu palacio, ocorreuseme a xenial idea de raptar a Helena e levala conmigo
para as terras troianas.
Esta fazaña
enfureceu ao rei espartano, Menelao, o cal convocou aos reis aqueos como
Agamenón (o seu irmán) que foi nomeado comandate xefe; ou Odiseo, que inspirado
por Atenea, foi o que ideou aquel famoso cabalo de madeira que fixo que a
expedición aquea tomase Troia na gran guerra , (que eu, por amor, provoquei); ou Aquiles, entre moitos outros, que foi convocado para ir a recuperar á miña amada
Helena, ou se fose necesario para pelexar por ela en Troia.
Pero a
historia desta guerra é moi longa, e eu agora non teño tempo para contárvola
porque teño que marchar…
Xa vola
contarei outro día! Ata outra!
Andrea
Teijido
4º E.S.O. –B
Nº 15
Por qué non imos estudar o latín?
A verdade é que é un pouco molesto que cando alguén che pregunta polas optativas que escolliches, ou polo bacharelato que queres facer e ti respondes que escolliches "latín ou grego porque queres ir por Humanidades", dinche eso de "non serven para nada, só vas polo fácil, son linguas mortas... " etc...
Así pois, gustaríame demostrar que as linguas clásicas si teñen utilidade, moita máis da que cremos e ... quizáis non estean tan mortas...
En primeiro lugar, dicir que nos axudan a mellorar na nosa lingua ben sexa o galego ou o castelán, xa que o latín é a nai destas e de moitas outras linguas ; por tanto, podemos mellorar o léxico, a morfosintaxe e a gramática da nosa lingua. Está demostrado que os alumnos de letras puras cometen moitos menos erros ortográficos.
As linguas clásicas son un pouco máis complexas, por iso unha vez que nos facemos con elas é máis doado aprender as outras.Tamén nos facilitan a aprendizaxe doutras linguas estranxeiras como o alemán, de orixe indoeuropea.
O mesmo pasa co inglés: está comprobado que o seu vocabulario actual procede nun 62% do latín, e a sintaxe tamén está moi relacionada.
Ademais, grazas ó latín viaxamos polo pasado: é importante saber de ónde vimos para poder orientarnos e encamiñarnos, para poder aprender do malo que se fixo e enmendalo e, ao mesmo tempo, seguir perfeccionando o bon.
Podemos comprender de maneira máis obxetiva o mundo no que vivimos e expresarnos con máis soltura se estudamos Latín e Grego. O Latín é a lingua da filosofía, da política, do dereito, da historia. Tamén segue sendo a lingua científica internacional: todos os animais, plantas e fósiles teñen o seu nome científico en latín, ao igual que os símbolos químicos.
As linguas clasicas exercitan o noso cerebro, fan que ao entrar en contacto con outras linguas, vaiamos establecendo relacións, pois "esta palabra é similar a esta porque provén do latín.... e derivou en....", por exemplo...
En definitiva, nunha sociedade capitalista e consumista, quen ten o poder non quere que pensemos demasiado para que, así, nos rebelemos menos.
E é que as linguas clásicas proporcionan moita cultura: por iso lles interesa desprestixialas.
Sara Castro, 4º ESO
xoves, 5 de maio de 2016
As orixes da Venus de Milo
Seguramente nun futuro naide recorde esta minúscula parte da historia grega, pero ocorreu. Ocorreu nese momento no que os humanos e os deuses vivían unidos, uns veneraban aos outros e os outros adoraban as súas creacións, aparecéndose continuamente.
Isto non tivo lugar nin en Atenas nin en Esparta, senón nunha polis menos famosa como era Tesalónica. Alí vivía un pobre escultor sen fama nin gloria, que non tiña demasiado arte no seu interior. As súas esculturas non eran realistas, nin eran bonitas, non eran interesantes, non eran nin consideradas esculturas como tal, nin el mesmo era considerado escultor.
A vida deste cidadán baseabase na súa paixón pola escultura, pera a falta de arte nas súas obras obrigábao a vivir como un simple campesiño. No entanto, o seu destino non era ese: o seu destino era ser olvidado pero crear unha gran obra que ao contrario do seu nome chegará ata os nosos días.
O marabilloso destino deste anónimo escultor levarao un día a viaxar á ágora. De noite, volvendo ao seu fogar por un camiño oculto e descoñecido, por onde se supoñía que non ía encontrar a ninguén, foi sorprendido por unha luz especialmente brillante, que lle indicou que a súa soidade acababa de ser interrompida por algo incrible, algo que convertía todo ao seu paso en beleza pura. O tétrico camiño pasou a estar rodeado de flores, envolto no canto de diversas aves e bañado por un agradable perfume. E como non, en tan espectacular lugar só podía aparecerse unha deusa: a gran Afrodita.
Os detalles de tal encontro sonme descoñecidos, pero a raíz desa aparición o pobre home encerrouse no seu fogar cunha obsesión en mente: a creación do mellor retrato de Afrodita nunca creado. Tal obsesión provocou a súa reclusión na súa casa ata conseguir a creación dunha marabilla capaz de representar á deusa da beleza.
Nunca máis se volveu saber nada deste mediocre escultor. As súas terras quedaron deshabitadas e dentro da súa casa non se atopou ningún resto de corpo humano, só unha chea de intentos fallidos de representar a fugura dunha muller, todas bastante mediocres, excepto unha, que chamaría a atención de invasores, comerciantes, mariñeiros, ladróns e soldados.
E, así, pasando de man en man, a escultura quedou perdida na illa de Milos, onde acabaría nas mans dun militar francés que a restauraría e a levaria á súa patria.
E esta é a historia de cómo unha obsesión grega acabou exposta nunha das salas do museo do Louvre de París, baixo o nome enganoso de " a Venus de Milo" .
Sandra Calvo Rego
1º BAC
Alexandre Magno
Son Alexandre Magno, nacín no ano 356 a.c em Pela, Macedonia. Miña nai é Olmipia de Epiro e meu pai Filipo II de Mcedonia , quen me preparou para reinar e para a guerra; ademais, fixo que me educara Aristóteles .
Tras a morte de meu pai o primeiro que tiven que facer foi impoñer a miña autoridade sobre os pobos rebeldes de Macedonia, e no 334 a.C comecei a guerra que meu pai iniciou contra os persas para vingar ós gregos.
Tras a morte de meu pai o primeiro que tiven que facer foi impoñer a miña autoridade sobre os pobos rebeldes de Macedonia, e no 334 a.C comecei a guerra que meu pai iniciou contra os persas para vingar ós gregos.
Sempre acompañado do meu amado Hefestión- dende que era pequeno - conquistei Oriente ata onde puiden xa que os meus xenerais non querian continuar. Logo caseime con dúas persas só por motivos políticos dado que eu non teño ambicións sexuais nin amorosas ( ata a miña propia nai se preocupaba diso...) pero, ao final tiven fillos.
Tras trasladarme a Babilonia unha noite surdiume unha forte febre: ao día seguinte, empezoume a doer o estómago e a barriga e hoxe xa non teño forzas, estou seguro de que a miña morte chegará cedo .
Pero, en realidade, o único que temo é... que haxa un traidor tras todo isto....
Tras trasladarme a Babilonia unha noite surdiume unha forte febre: ao día seguinte, empezoume a doer o estómago e a barriga e hoxe xa non teño forzas, estou seguro de que a miña morte chegará cedo .
Pero, en realidade, o único que temo é... que haxa un traidor tras todo isto....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)