xoves, 12 de maio de 2016

Encendido da antorcha Olímpica: Citius, Altius, Fortius! OPINIÓN sobre os XOGOS OLÍMPICOS

Deixámosvos aquí o enlace dunha noticia que será comentada polos alumnos de Latín e Grego de 1º de BAC.
http://deportes.elpais.com/deportes/2016/04/21/actualidad/1461224338_581102.html

Agardamos que vos guste!!!!


    Neste pequeno texto atopamos información sobre cómo é encendida a antorcha olímpica: o encenderse dáse lugar á conta atrás para o comezo dos Xogos Olímpicos, este ano celebrados en Río de Janeiro.
    Durante os próximos 106 días, a antorcha  pasará polas cinco rexións do país a través de 12.000 portadores.
    Dende o meu punto de vista, considero que este acto é unha forma de demostrar ou reivindicar a paz no mundo, pasando a antorcha de man en man sen importar as fronteiras, a cor, ou as crenzas. Observámolo claramente no feito de que un refuxiado sirio  tamén a portará.
    Respecto á Antigüidade, creo que é unha tradición bastante próxima aos nosos días.
    En conclusión, creo que é unha práctica que debemos seguir conservando  tendo en conta que serve para fortalecer a unión do mundo e entro os pobos. 

    Rocío García




    Celebrar os xogos olímpicos que antigamente se facían en Olimpia (Grecia) paréceme xenial, xa que así recordamos aos nosos antepasados e a súa cultura e podemos seguir coa tradición  para que non se perda.
    O detalle  de que un dos relevistas sexa un refuxiado sirio pareceume unha moi boa acción. Están pasando por unha época difícil por culpa das guerras que hai nos seus países e que se van deles para virse quedar aos nosos epoder ter unha vida mellor. O mundo tense que  decatar do que está acontecendo e poñer punto e final a estes asuntos para que a xente que está sufrindo todo isto poida vivir tranquila e feliz no seu país de orixe coa xente que quere.

    Esther S.


    El texto habla sobre el importante aconticimiento como es  el ritual del encendido de la antorcha en Olímpia a partir del cual la antorcha recorrerá todo el mundo hasta llegar a donde se celebran los Juegos- este año en Río de Janeiro. Me parece muy importante y espectacular que con el paso de los año aún se siga realizando este ritual y que todos los habitantes de Grecia se emocionen y lo consideren impresionante . Además,  el evento  trae muchos visitantes a la ciudad en donde se celebran los Juegos para ver cómo son y cómo se desarrollan.
    Mar Amil. 





    Ningún comentario:

    Publicar un comentario