venres, 13 de maio de 2016

Amor

1. Etimoloxía


A palabra galega "amor" ven do latín AMOR. Isto parece cousa doada, mais realmente non o é tanto...

Sabías que nalgunhas culturas non existe este concepto? O estudo etimolóxico confírmao. Nalgunhas linguas, coma no frnacés, non comezaron a falar de amor ata que recibiron a palabra nova a principios do século XI .

En galego é probable que a palabra directamente non proceda do latín AMOR, se non que realmente chegou por medio do provenzal. Nin sequera é unha palabra autóctona do latín, xa que os romanos sacáronllela ós etruscos.

Crese que a palabra garda relación coa palabra "nai".


2.Significado

O amor é un sentimento de afecto universal que se ten cara unha persoa, animal ou cosa. Amor también fai referencia a un sentimento de atracción emocional e/ou sexual que se ten cara unha persoa coa que se desexa ter unha convivencia baixo o mesmo teito ou relación.  Así mesmo, amor é o esmero e agrado co que se realiza unha cousa.


3.Frases latinas traducidas
  • Amicitiae nostrae memoriam spero sempiternam fore – Cicerón. “Espero que a memoria da nosa amizade sexa eterna”.
  • Amantes, amentes. [TERENCIO, Andria]. Amantes, dementes. 
  • Amantium irae amoris integratiost. [TERENCIO, Andria] . Reñas de namorados, renovación do amor. 
  • Amoris vulnus idem sanat, qui facit. [PUBLIO SIRIO]. A ferida do amor sánaa o mesmo que a fai.
  • Fac ut ardeat cor meum. [Frase latina] Fai que arda o meu corazón.  
  • Hoc si crimen erit, crimen amoris erit. Si esto es un crimen, será un crimen de amor.
                                                                                     Alba Morado Miragaya Latín 4ºESO



Ningún comentario:

Publicar un comentario