xoves, 5 de maio de 2016

As orixes da Venus de Milo


 

Seguramente nun futuro naide recorde esta minúscula parte da historia grega, pero ocorreu. Ocorreu nese momento no que os humanos e os deuses vivían unidos, uns veneraban aos outros e os outros adoraban as súas creacións, aparecéndose continuamente.

Isto non tivo lugar nin en Atenas nin en Esparta, senón nunha polis menos famosa como era Tesalónica. Alí vivía un pobre escultor sen fama nin gloria, que non tiña demasiado arte no seu interior. As súas esculturas non eran realistas, nin eran bonitas, non eran interesantes, non eran nin consideradas esculturas como tal, nin el mesmo era considerado escultor.

A vida deste cidadán baseabase na súa paixón pola escultura, pera a falta de arte nas súas obras obrigábao a vivir como un simple campesiño. No entanto, o seu destino non era ese:  o seu destino era ser olvidado pero crear unha gran obra que ao contrario do seu nome chegará ata os nosos días.

O marabilloso destino deste anónimo escultor levarao un día a viaxar á ágora. De noite, volvendo ao seu fogar por un camiño oculto e descoñecido, por onde se supoñía que non ía encontrar a ninguén, foi sorprendido por unha luz especialmente brillante, que lle indicou que a súa soidade acababa de ser interrompida por algo incrible, algo que convertía todo ao seu paso en beleza pura. O tétrico camiño pasou a estar rodeado de flores, envolto no canto de diversas aves e bañado por un agradable perfume. E como non, en tan espectacular lugar só podía aparecerse unha deusa: a gran Afrodita.

Os detalles de tal encontro sonme descoñecidos, pero a raíz desa aparición o pobre home encerrouse no seu fogar cunha obsesión en mente:  a creación do mellor retrato de Afrodita nunca creado. Tal obsesión provocou a súa reclusión na súa casa ata conseguir a creación dunha marabilla capaz de representar á deusa da beleza.

Nunca máis se volveu  saber nada deste mediocre escultor. As súas terras quedaron deshabitadas e dentro da súa casa non se atopou ningún resto de corpo humano, só unha chea de intentos fallidos de representar  a fugura dunha muller, todas bastante mediocres, excepto unha, que chamaría a atención de invasores, comerciantes, mariñeiros, ladróns e soldados.
E, así,  pasando de man en man, a escultura quedou perdida na illa de Milos, onde acabaría nas mans dun militar francés que a restauraría e a levaria á súa patria.

E esta é a historia de cómo unha obsesión grega acabou exposta nunha das salas do museo do Louvre de París, baixo o nome enganoso de " a  Venus de Milo" .

Sandra Calvo Rego 
1º BAC

Ningún comentario:

Publicar un comentario