xoves, 12 de maio de 2016

O XUIZO DE PARIS

Ola! Eu son Paris, un príncipe Troiano. E vouvos contar o que me sucedeu hai moito tempo.
Todo comezou uns anos atrás, coas vodas de Tetis (unha das ninfas do mar) e Peleo (o pai de Aquiles). A esa voda, Eris -a deusa da discordia- non foi convidada, a pesar de estar invitados todos os demáis deuses.
Eris, molesta, buscou un modo de vinganza sembrando a discordia entre todos os convidados.
Cando se estaba a celebrar o banquete, ela (Eris) presentouse alí e lanzou á mesa unha mazá dourada que tiña escrito: “Para a máis fermosa.” Tres das deusas asistentes ao evento, Hera, Atenea e Afrodita, disputáronse a mazá producíndose así unha gran confusión e disputa, na que interveu Zeus (pai de todos os deuses) xa que ambas as tres deusas pensaban que a mazá lles correspondía a elas. 
A Zeus, dixéronlle que elixise el para quén era a mazá, e el para escaquearse da situación decidiu nomearme a min para que eu xulgase cál das tres deusas era a máis fermosa.
O deus mensaxeiro, Hermes, foi enviado para buscarme co encargo do xuízo que se me pedía; localizoume e ensinoume a mazá da cal eu tería que facer entrega á deusa que eu considerase. Digamos que… se me encargou unha tarefa complicada! 
O motivo polo cal fun eu o elixido para xulgar isto foi ...que levaba vivindo moito tempo nunha illa- afastado das paixóns humanas -así que pensaron que eu sería un xuiz absolutamente imparcial.
Cada unha das tres deusas intentou convencerme, incluso intentaron sobornarme: a deusa Hera, esposa de Zeus, ofreceume todo o poder que eu poidera desexar, ou, tamén, o título de Emperador de Asia; Atenea, deusa da intelixencia, ademais de selo tamén da guerra, ofreceume a sabedoría, ou, a posibilidade de vencer todas as batallas ás que me presentase; Afrodita, deusa do amor e da beleza, ofreceume o amor da muller máis bela do mundo.
A miña elección final foi Afrodita e a miña decisión trouxo graves consecuencias para o meu pobo, xa que a fermosa muller pola que Afrodita fixo medrar o amor no meu corazón foi Helena, a esposa do rei de Esparta; pois nunha ocasión que me cadrou de pasar polas terras deste rei, e despois de ter estado unha noite no seu palacio, ocorreuseme a xenial idea de raptar a Helena e levala conmigo para as terras troianas.
Esta fazaña enfureceu ao rei espartano, Menelao, o cal convocou aos reis aqueos como Agamenón (o seu irmán) que foi nomeado comandate xefe; ou Odiseo, que inspirado por Atenea, foi o que ideou aquel famoso cabalo de madeira que fixo que a expedición aquea tomase Troia na gran guerra , (que eu, por amor, provoquei); ou  Aquiles, entre moitos outros,  que foi convocado para ir a recuperar á miña amada Helena, ou se fose necesario para pelexar por ela en Troia.
Pero a historia desta guerra é moi longa, e eu agora non teño tempo para contárvola porque teño que marchar…
Xa vola contarei outro día! Ata outra!

Andrea Teijido
4º E.S.O. –B
Nº 15

1 comentario:

  1. Xenial Andrea!!!!!! Encantoume entrar no blog e atopar a túa publicación! Precioso relato! segue así!

    ResponderEliminar