xoves, 12 de maio de 2016

Por qué non imos estudar o latín?



A verdade é que é un pouco molesto que cando alguén che pregunta polas optativas que escolliches, ou polo bacharelato que queres facer e ti respondes que escolliches "latín ou grego porque queres ir por Humanidades", dinche eso de "non serven para nada, só vas polo fácil, son linguas mortas... " etc...
Así pois,  gustaríame demostrar que as linguas clásicas si teñen utilidade,  moita máis da que cremos e ... quizáis non estean tan mortas...

En primeiro lugar, dicir  que nos axudan a mellorar na nosa lingua ben sexa o galego ou o castelán, xa que o latín é a nai destas e de moitas outras linguas ;  por tanto, podemos mellorar o léxico, a morfosintaxe e a gramática da nosa lingua. Está demostrado que os alumnos de letras puras cometen moitos menos erros ortográficos.
As linguas clásicas son un pouco máis complexas, por iso unha vez que nos facemos con elas é máis doado aprender as outras.Tamén nos facilitan a aprendizaxe doutras linguas estranxeiras como o alemán, de orixe indoeuropea.
O mesmo pasa co inglés: está comprobado que o seu vocabulario actual procede nun 62% do latín, e a sintaxe tamén está moi relacionada. 

Ademais, grazas ó latín viaxamos polo pasado:  é importante saber de ónde vimos para poder orientarnos e encamiñarnos, para poder aprender do malo que se fixo e enmendalo e, ao mesmo tempo,  seguir perfeccionando o bon.

Podemos comprender de maneira máis obxetiva o mundo no que vivimos e expresarnos con máis soltura se estudamos Latín e Grego. O Latín é a lingua da filosofía, da política, do dereito, da historia. Tamén segue sendo a lingua científica internacional: todos os animais, plantas e fósiles teñen o seu nome científico en latín, ao igual que os símbolos químicos.


                                                                
As linguas clasicas exercitan o noso cerebro, fan que ao entrar en contacto con outras linguas, vaiamos establecendo relacións, pois "esta palabra é similar a esta porque provén do latín.... e derivou en....", por exemplo...

En definitiva, nunha sociedade capitalista e consumista, quen ten o poder non quere que pensemos demasiado para que, así,  nos rebelemos menos.
E é que as linguas clásicas proporcionan moita cultura:  por iso lles interesa desprestixialas.

Sara Castro, 4º ESO

Ningún comentario:

Publicar un comentario