luns, 15 de febreiro de 2016

RECEITA ROMANA: "SALA CATTABIA"

Hoxe imos facer unha receita romana chamada Sala Cattabia e que podedes atopala no libro de Marco Gavio Apicio titulado De re coquinaria no apartado de “Variedade de pratos”.
IMOS EMPEZAR LOGO!!
INGREDIENTES:
· Pementa
· Menta
· Apio
· Poleo seco
· Queixo
· Piñóns
· Mel
· Vinagre
· Garum
· Xema de ovo
· Auga fresca

PREPARACIÓN:
Escorremos pan macerado en auga e vinagre. A continuación poñemos nunha marmita queixo de vaca e cohombros engadindo os piñóns. Despois de facer isto, temos que botar unhas alcaparras trituradas e fígados de polo.

Para rematar, cubrimos todo isto cunha salsa e poñémolo nun recipiente. 
 Xa está listo para ser servido!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario