venres, 12 de febreiro de 2016

PERSONAXES DA HISTORIA

Eu son...Amílcar Barca

O meu nome é Amílcar Barca e o meu futuro non é especialmente prometedor, pero aínda así chegarei a ser un dos personaxes máis importantes da miña nación. Eu son cartaxinés ou púnico e serei un dos maiores inimigos de Roma, cos que entrarei en guerra polo dominio do mar Tirreno e do Mediterráneo. Así do 264 ao 241 a.C. enfrontareime aos romanos na Primeira Guerra Púnica, enfrontamento do que sairei como perdedor, pero dignamente, invicto e sen rendir armas, polo que gañarei o respecto de toda Cartago.

As miñas vitorias non serán tan sonadas como a derrota na Primeira Guerra Púnica, pero convertiranme nun cartaxinés inmortal. Un exemplo será a Guerra dos Mercenarios, na que o meu prestixio militar me permitirá sufocar a rebelión surxida despois de Guerra Púnica entre  mercenarios, libios, escravos e campesiños descontentos con Cartago. Esta vitoria darame popularidade e permitirame convertirme no señor de Cartago. Aí é cando iniciarei a conquista da rica Iberia, buscando territorios novos cos que reconstruir a potencia cartaxinesa.

Desgraciadamente morrerei aos 64 anos antes de ver cómo o meu fillo Aníbal 
se convirte no púnico máis célebre e no máis grande xeneral do mundo, aínda que afortunadamente non chegarei a ver a caída do meu pequeno imperio nin a eliminación total da miña querida Cartago.
Tras a miña morte o meu legado serán os meus fillos e as miñas conquistas en Iberia, onde se me adxudicará a fundación de cidades como Alicante e Barcelona.




FOTO: http://historiasdelahistoria.com

Publicado por: Sandra Calvo Rego, 1º BAC
                                                             

Ningún comentario:

Publicar un comentario