domingo, 21 de febreiro de 2016

A FRASE CÉLEBRE DE HOXE

Una hirundo non facit ver
                           Horacio
Tradución: Unha andoriña non fai o verán.
Entendo que quere dicir que, aínda que vexamos unha andoriña-pois estas chegan na primaveira, non significa que chegue o bon tempo.
Este dito ensínanos a non deducir unha regra ou unha norma xeral dun só caso, é dicir:  un indicio non chega para asegurar algo se non que se debe observar se se produce con certa frecuencia ou regularidade. Sería o contrario do que di o seguinte refrán: `` Para mostra, un botón``.
Esta frase é semellante o refrán `` Non todo o que reluce é ouro´´.
Polo tanto... non nos deixemos levar polas primeiras impresións.
Sara Castro García.


Ningún comentario:

Publicar un comentario