Amosando publicacións coa etiqueta IMAXINACIÓN AO PODER!. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IMAXINACIÓN AO PODER!. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de maio de 2016

O XUIZO DE PARIS

Ola! Eu son Paris, un príncipe Troiano. E vouvos contar o que me sucedeu hai moito tempo.
Todo comezou uns anos atrás, coas vodas de Tetis (unha das ninfas do mar) e Peleo (o pai de Aquiles). A esa voda, Eris -a deusa da discordia- non foi convidada, a pesar de estar invitados todos os demáis deuses.
Eris, molesta, buscou un modo de vinganza sembrando a discordia entre todos os convidados.
Cando se estaba a celebrar o banquete, ela (Eris) presentouse alí e lanzou á mesa unha mazá dourada que tiña escrito: “Para a máis fermosa.” Tres das deusas asistentes ao evento, Hera, Atenea e Afrodita, disputáronse a mazá producíndose así unha gran confusión e disputa, na que interveu Zeus (pai de todos os deuses) xa que ambas as tres deusas pensaban que a mazá lles correspondía a elas. 
A Zeus, dixéronlle que elixise el para quén era a mazá, e el para escaquearse da situación decidiu nomearme a min para que eu xulgase cál das tres deusas era a máis fermosa.
O deus mensaxeiro, Hermes, foi enviado para buscarme co encargo do xuízo que se me pedía; localizoume e ensinoume a mazá da cal eu tería que facer entrega á deusa que eu considerase. Digamos que… se me encargou unha tarefa complicada! 
O motivo polo cal fun eu o elixido para xulgar isto foi ...que levaba vivindo moito tempo nunha illa- afastado das paixóns humanas -así que pensaron que eu sería un xuiz absolutamente imparcial.
Cada unha das tres deusas intentou convencerme, incluso intentaron sobornarme: a deusa Hera, esposa de Zeus, ofreceume todo o poder que eu poidera desexar, ou, tamén, o título de Emperador de Asia; Atenea, deusa da intelixencia, ademais de selo tamén da guerra, ofreceume a sabedoría, ou, a posibilidade de vencer todas as batallas ás que me presentase; Afrodita, deusa do amor e da beleza, ofreceume o amor da muller máis bela do mundo.
A miña elección final foi Afrodita e a miña decisión trouxo graves consecuencias para o meu pobo, xa que a fermosa muller pola que Afrodita fixo medrar o amor no meu corazón foi Helena, a esposa do rei de Esparta; pois nunha ocasión que me cadrou de pasar polas terras deste rei, e despois de ter estado unha noite no seu palacio, ocorreuseme a xenial idea de raptar a Helena e levala conmigo para as terras troianas.
Esta fazaña enfureceu ao rei espartano, Menelao, o cal convocou aos reis aqueos como Agamenón (o seu irmán) que foi nomeado comandate xefe; ou Odiseo, que inspirado por Atenea, foi o que ideou aquel famoso cabalo de madeira que fixo que a expedición aquea tomase Troia na gran guerra , (que eu, por amor, provoquei); ou  Aquiles, entre moitos outros,  que foi convocado para ir a recuperar á miña amada Helena, ou se fose necesario para pelexar por ela en Troia.
Pero a historia desta guerra é moi longa, e eu agora non teño tempo para contárvola porque teño que marchar…
Xa vola contarei outro día! Ata outra!

Andrea Teijido
4º E.S.O. –B
Nº 15

xoves, 5 de maio de 2016

As orixes da Venus de Milo


 

Seguramente nun futuro naide recorde esta minúscula parte da historia grega, pero ocorreu. Ocorreu nese momento no que os humanos e os deuses vivían unidos, uns veneraban aos outros e os outros adoraban as súas creacións, aparecéndose continuamente.

Isto non tivo lugar nin en Atenas nin en Esparta, senón nunha polis menos famosa como era Tesalónica. Alí vivía un pobre escultor sen fama nin gloria, que non tiña demasiado arte no seu interior. As súas esculturas non eran realistas, nin eran bonitas, non eran interesantes, non eran nin consideradas esculturas como tal, nin el mesmo era considerado escultor.

A vida deste cidadán baseabase na súa paixón pola escultura, pera a falta de arte nas súas obras obrigábao a vivir como un simple campesiño. No entanto, o seu destino non era ese:  o seu destino era ser olvidado pero crear unha gran obra que ao contrario do seu nome chegará ata os nosos días.

O marabilloso destino deste anónimo escultor levarao un día a viaxar á ágora. De noite, volvendo ao seu fogar por un camiño oculto e descoñecido, por onde se supoñía que non ía encontrar a ninguén, foi sorprendido por unha luz especialmente brillante, que lle indicou que a súa soidade acababa de ser interrompida por algo incrible, algo que convertía todo ao seu paso en beleza pura. O tétrico camiño pasou a estar rodeado de flores, envolto no canto de diversas aves e bañado por un agradable perfume. E como non, en tan espectacular lugar só podía aparecerse unha deusa: a gran Afrodita.

Os detalles de tal encontro sonme descoñecidos, pero a raíz desa aparición o pobre home encerrouse no seu fogar cunha obsesión en mente:  a creación do mellor retrato de Afrodita nunca creado. Tal obsesión provocou a súa reclusión na súa casa ata conseguir a creación dunha marabilla capaz de representar á deusa da beleza.

Nunca máis se volveu  saber nada deste mediocre escultor. As súas terras quedaron deshabitadas e dentro da súa casa non se atopou ningún resto de corpo humano, só unha chea de intentos fallidos de representar  a fugura dunha muller, todas bastante mediocres, excepto unha, que chamaría a atención de invasores, comerciantes, mariñeiros, ladróns e soldados.
E, así,  pasando de man en man, a escultura quedou perdida na illa de Milos, onde acabaría nas mans dun militar francés que a restauraría e a levaria á súa patria.

E esta é a historia de cómo unha obsesión grega acabou exposta nunha das salas do museo do Louvre de París, baixo o nome enganoso de " a  Venus de Milo" .

Sandra Calvo Rego 
1º BAC

Alexandre Magno



Son Alexandre Magno, nacín no ano 356 a.c em Pela, Macedonia. Miña nai é Olmipia de Epiro e meu pai Filipo II de Mcedonia , quen me preparou para reinar e para a guerra; ademais, fixo que me educara Aristóteles .
Tras a morte de meu pai o primeiro que tiven que facer foi impoñer a miña autoridade sobre os pobos rebeldes de Macedonia, e no 334 a.C comecei a guerra que meu pai iniciou contra os persas para vingar ós gregos.
Sempre acompañado do meu amado Hefestión-  dende que era pequeno - conquistei Oriente ata onde puiden xa que os meus xenerais non querian continuar. Logo caseime con dúas persas só por motivos políticos dado que eu non teño ambicións sexuais nin amorosas ( ata a miña propia nai se preocupaba diso...) pero, ao final tiven fillos.
Tras trasladarme a Babilonia unha noite surdiume unha forte febre: ao día seguinte, empezoume a doer o estómago e a barriga e hoxe xa non teño forzas, estou seguro de que a miña morte chegará cedo .
Pero, en realidade,  o único que temo é... que haxa un traidor tras todo isto....

luns, 2 de maio de 2016

A Afrodita de Cnido de Praxíteles


Ola, eu son Praxíteles. Supoño que a todos vos soarei polas miñas esculturas, pero sobre todo pola máis célebre: a Afrodita de Cnido. Como xa saberedes, representa á deusa do amor e da sabedoría - Afrodita- saíndo do baño das Eleusíadas.
Preguntarédesvos por qué a fixen (ou non) pero... vouno explicar!
Inspireime no baño das Eleusíadas, que devolve á virxinidade, cunha intención despreocupada e íntima, dando comezo á técnica chamada "reglamento intimista".
O que non me espería nuca é que os homes a convertesen nun mito erótico e a utilizasen para "recrearse" ata tal punto de que hoxe en día se atope desgastada. En fin... aínda que non era a miña intención, elegreime pois  axudoume a que se coñecese máis o meu nome  e non quedara no esquecemento.
Agora vouvos contar un segredo: cando a comecei, a intención era tan só a de esculpir  a figura da deusa pero a escultura era demasiado curva e non se mantiña en pé....así que me vin na obriga  de incluír unha ánfora -(si, na parte inferior dereita). Incluína facendo que as prendas caisen sobre ela...
En conclusión, a pesar dos fallos e das distintas "funcións" que lle deron, é considerada unha das miñas mellores obras e a que máis fama e prestixio me deu.

                                                                                   Πραξιτέλης, "alias" ROCIO CARBALLEIRA.